A choiva respectou o desfile de disfraces este Martes de Entroido

Centos de persoas puideron gozar do gran Concurso de Disfraces que o Concello de Lugo convocou para celebrar o Entroido. Os participantes concentráronse ás cinco da tarde deste Martes na contorna da Praza da Soidade para logo desfilar pola praza de San Domingos, a rúa da Raíña e rematar na Praza Maior, durante o percorrido a choiva non fixo acto de presenza. Baixo as carpas instaladas diante do consistorio e con José Areñas como xefe de cerimonias foron pasando ante centos de persoas os disfraces individuais, parellas e as comparsas, que encheron Lugo de música, humor e cor.

O Concello repartiu uns 6.550 euros en premios entre os participantes, que valorou un xurado composto este ano por: Enrique Bonet, deseñador; Juan Carlos Zahera, coreógrafo; e María del Carmen Rodríguez Fernández, da Escola de Arte Ramón Falcón.

Os premiados foron os seguintes:

Categoría Individual

1º premio: O Baile da muñeca. 400

2º premio: Recortes de botellas de auga.

3º premio: O Camiñante de pedra. 200 €

3 accésits para: Enxaulada; Dama de papel aluminio e Manda huevos o Carnaval. 50€ cada un.

Categoría Parella

1º premio: Erizos con moita corda. 500€.

2º premio: Reciclaxe rolos papel hixiénico. 400€.

3º premio: Parella Decimonónica. 300€.

5 Accésits: El Despertar de la fuerza; Rumberos Galácticos; Os Poliños; Buscando Pastro e Las Sirenas Enconchadas. 100€ cada un.

Categoría Comparsas

1º premio: Musical Rey León. 1.000€

2º premio: Humol Amalillo. Que calallo! 800€.

3º premio: O Circo dos Fenómenos. 600€

7 Accésits: Unha Merenda de nejros; Trisqueiros/as; Mundo Minion; A Realeza; Emigrantes; Vida Polar na Piringalla e Andaluces Patio Olé. 200€ cada un.

As actividade de Entroido rematarán mañá coa actuación infantil Uxía Lambona e a Banda Molona, ás 12:00 horas, na carpa da praza da Soidade; e o Velorio e Enterro da Sardiña, a cargo da asociación Pepe Barreiro, a partir das 18:30 horas, no quiosco da música da Praza Maior.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com