A Xunta repartirá esta semana máis de 21.300 unidades de material de protección na cidade de Lugo. En total, serán 7.230 mascarillas, 14.000 luvas e 115 traxes. O Goberno galego xa repartiu material de protección no 98% dos concellos galegos e esta semana chegará ao 100% dos municipios cun novo envío ás sete cidades, ás que distribuirá case 190.000 unidades.
No reparto, priorizouse inicialmente aos concellos pequenos e medianos xa que dispoñen de menos recursos. A Administración autonómica ten previsto que a cifra de unidades de protección adquiridas directamente pola Xunta e repartidas aos concellos ascenda a finais desta semana a 685.000, en concreto, 472.000 guantes, 185.000 mascarillas, 12.000 traxes e 16.000 batas.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.