84 persoas foron detectadas con infección por coronavirus nas últimas vinte e catro horas na Área de Lugo. Cada día son máis os casos que se detectan e parece que nos encamiñamos cara o precipicio, pero parece ser que a moita da veciñanza non parece preocuparlle o máis mínimo, e dicímolo polas denuncias que cada día a Policía realiza na cidade de Lugo.
Como cada día a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.798 deles 1.275 son da área da Coruña, 243 da de Ourense, 165 da de Pontevedra, 177 da área de Vigo, 382 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.701 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.086 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 312.766.
.