A CIG ten convocadas para o vindeiro domingo, día 19 de setembro, un total de 20 concentracións en cidades e vilas de toda Galiza baixo o lema “NON Á ESTAFA DA LUZ, Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega”.
A central sindical fai un chamamento a participar nestas mobilizacións diante do imparable medre da factura da luz e a impunidade coa que actúan as eléctricas pero, sobre todo, e tal e como denuncia o secretario xeral, Paulo Carril, diante do “nulo papel que tanto o goberno
galego como o español están a facer para garantir, con políticas públicas, o acceso á electricidade do conxunto do pobo en condicións asequibles”.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, asistirá á concentración convocada en Compostela e fará declaracións ás 11:20 horas,, para que a concentración comece, tal e como está prevista, ás 11:30 horas.
Na provincia de Lugo celebraránse 3 concentracións:
Na capital, ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno.
En Monforte de Lemos, terá lugar tamén a partires das 12 horas diante da Casa do Concello.
Os da zona norte, poderán acudir a Foz, ás 11.30 horas diante da Delegación de Facenda.