A CIG ten convocadas, con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, mobilizacións en 21 localidades para chamar a atención sobre a responsabilidade dos gobernos dos diferentes ámbitos na situación de desigualdade que seguimos padecendo as traballadoras en Galiza.
A secretaría das Mulleres da CIG responsabiliza aos gobernos da situación de precariedade que continúan a padecer as mulleres. Precariedade que é maior nos sectores máis feminizados. Por iso, reclama a valorización dos oficios relacionados cos coidados. Denuncia que é un negocio para empresas privadas que priorizan o lucro á costa dos dereitos das traballadoras e da saúde e benestar das persoa.
A central sindical interpela directamente as institucións, as empresas e os gobernos para que se efectivicen políticas de igualdade que dean resposta ás necesidades das mulleres traballadoras e rexeita que unha reforma laboral dun goberno considerado progresista careza de perspectiva de xénero e manteña as medidas de precarización impostas pola reforma do PP de 2012, mantendo o despedimento case de balde, a desregularización da xornada e as dificultades para escoller o horario das reducións, incorporando novos contratos de formación e prácticas que impiden a estabilidade e un novo contrato fixo-descontinuo en sectores moi feminizados
Mobilizacións
Na provincia de Lugo, haberá dúas concentracións, unha na capital e outra en Viveiro. Ambas serán ás 12 h. En Lugo capital, terá lugar diante da Xutna de Galicia, mentres que na costa, será na praza viveirense da Fontenova.