A CIG demanda que se cubra o posto de dirección da Residencia de Sarria

Desde a CIG denuncian que a Residencia Nosa señora do Carme de Sarria está sen Dirección desde que o 2 de decembro dimitiu a anterior Directora.

“De sobra é coñecido por todos e todas a conflictividade existente na Residencia, polo que non se entende que o Concelleiro responsable da Residencia, Benjamin Escontrela, continue despois de dous meses sen cubrir a praza de Dirección da Residencia, a pesares de que existe unha lista de contratación para dito posto elaborada no ano 2018 e con vixencia para 4 anos”, denuncia o sindicato.

Mentres, Escontrela “aproveita o vacío na Dirección”, explica o sindicato “para manexar ao seu antollo a mesma sen ningún criterio técnico, senón a través de criterios absolutamente caprichosos” , “obviando” a obriga e responsabilidade de mellorar o funcionamento da Residencia, e aproveitando para “pagar favores políticos con decisións a respecto do persoal” a aquelas persoas que durante a anterior lexislatura “lle foron fieis”, obviando por completo os principios de igualdade, mérito e capacidade, que deben de rexir a contratación pública.

Desde a CIG entenden que é necesario e urxente que se ocupe a praza de Dirección, e a xestión da residencia debe de atender única e exclusivamente a intereses técnicos. “Resulta paradóxico, que o Señor Escontrela que na anterior lexislatura defendía a capa e espada que se precisaba unha persoa na Dirección da Residencia, agora que é responsabilidade del non cubra dita praza”, continúan a criticar dende a CIG.

Igualmente, desde o sindicato demandan que se faga unha convocatoria para crear unha Bolsa de Emprego para cubrir as baixas e vacantes que existan na Residencia, para garantir a igualdade de acceso ao traballo na mesma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com