A CIG organizou hoxe unha concentración ante a residencia da terceira idade Abeiro Gold. Convocada polo sindicato, esta mobilización, fíxose en defensa da readmisión dunha traballadora despedida recentemente por “causas obxectivas non existentes na empresa”.
A UXT, sindicato tamén con representación na empresa, non quixo participar da concentración, nin participará en ningunha outra con este mesmo fin, xa que, asegurou, non está dacordo cos motivos.
As mobilizacións convocadas pola CIG en defensa do posto de traballo da muller despedida e tamén, aseguran dende o sindicato, porque “nos vimos na obriga de dar unha resposta contundente á guerra aberta por parte da Dirección de Abeiro que pretende botar un pulso á CIG”. A vindeira concentración terá lugar o mércores 21 de novembro ás 12 do mediodía, de novo, diante da empresa.
Asemade, a CIG asegura que denunciará ante a Inspección de Traballo os reiterados incumprimentos do convenio colectivo así como o fraude na contratación nesta empresa.