A CIG mobílizase pola readmisión do traballador despedido do GES de Guitiriz

A CIG continúa as súas mobilización en prol da readmisión do traballador despedido do GES de Guitiriz. Así para o vindeiro luns está prevista unha entrevista co Subdirector Xeral de Protección Civil na que a CIG demandará a intervención da Xunta polo despedimento dun traballador do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) en Guitiriz.

A central sindical entende que a administración autonómica “ten algo que dicir neste caso” porque, segundo explica o secretario de Organización da CIG en Lugo, Lois Neto, aínda que a contratación é municipal, paga o 50% e ademais é responsábel da coordinación das emerxencias. Na xuntanza exporáselle tamén a situación e as deficiencias do servizo no concello.

Neto asegura que este despedimento é unha represalia polas denuncias que o traballador interpuxo contra os  incumprimentos nas condicións laborais do persoal do GES e deste traballador en particular e está seguro de que gañará a nulidade no xulgado. Por iso entende que debería ser xa readmitido. O secretario de Organización da CIG de Lugo denuncia ademais que non se pode manter a este traballador despedido cando o concello está incumprindo os mínimos de traballadores que debería ser de 12 cando só hai, na actualidade 10. “Esta situación, máis alá das cuestións laborais incide na calidade do servizo. Agora están dando vacacións e hai veces que só está cuberto cun único operario”, explica Neto quen advirte que “isto está afectando tanto a atención das emerxencias como aos tempos de resposta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com