A CIG Saúde denuncia a falta de máscaras FFP2 para o persoal do HULA

A CIG Saúde Lugo reitera a súa denuncia de falta de máscaras FFP2 para o persoal dos servizos sanitarios. No HULA, segundo explica a CIG, ao persoal de administración así como o des laboratorios, cociña, esterilización e outros servizos non se lles dan as máscaras de máxima protección.

Segundo explica a xerencia do Hospital, trátase de persoal non sanitario que non ten atención directa ao doente. Con todo, dende a CIG Saúde Lugo, lembran que un hospital sempre é atención directa aos doentes.

Dende o sindicato, asemade, critican a doble vertente do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo quen pediu ao presidente do Goberno do Estado  que se fixera obrigatorio o uso de máscaras de FFP2, “mentras os traballadores dos servizos sanitarios que dependen do SERGAS están a traballar sen ela ou ben, os que poden permitirse mercala, mércana para vir o seu posto de traballo protexido e protexendo”. “Así as cousas parece que de cara o público din unha cousa e fan outra moi distinta cos traballadores”, conclúen dende a CIG Saúde.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 03, 2021 - 04:06 PM

    Pois terán que seguir, poñendo na prensa a diario. E para o que serven!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com