A asociación Cohors III Lucensium abrirá este venres unha exposición de pezas romanas nos soportais da casa consistorial, un atractivo máis do que poderán gozar esta fin de semana os milleiros de visitantes do Arde Lvcvs.
A asociación de recreación histórica, en colaboración co Concello de Lugo, colocará vitrinas con dez furnas que mostrarán dende material de gladiadores, cascos de tropa ou espadas, ata elementos da vidacotiá dos romanos, como ánforas ou outros relacionados coa medicina e a escritura.
Todo material que foi reunindo a propia asociación durante os anos nos que leva participando no Arde Lvcvs. A agrupación tamén exporá no exterior da casa consistorial unha maqueta dunha penadería da época que con dous por dous metros de dimensión, contén todas as estruturas necesarias para a elaboración do pan romano.
A exposición inaugurarase ás 12.00 horas do venres e permanecerá aberta durante toda a celebración do Arde Lvcvs.