A Comisión Crecente Vega reuniuse, no día de hoxe, con Francisco Balado, alcalde do concello de Castro de Rei, para presentarlle as iniciativas que se están a impulsar para a valorización da figura e legado do poeta Xosé Crecente Vega, natural deste municipio lucense.
Durante o encontro, o alcalde comprometeu o apoio do Concello para a publicación do libro O mundo nun puño de remol (poesía póstuma). Ademais, fíxose referencia ao merecido recoñecemento que suporía á dedicación da próxima edición do Día das Letras Galegas ao poeta, e fíxose entrega ao Concello dun facsímile de Codeseira, unha das súas obras de referencia.
Están xa abertos perfís sociais desta iniciativa en Instagram (@xosecrecentevega), twitter (@crecentevega125) e Facebook (páxina Xosé Crecente Vega).