A Concellaría de Educación abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais

O concello de Lugo ven de anunciar a apertura do prazo de matrícula nas escolas infantís municipais. As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 3 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial, solicitando cita previa a través do formulario habilitado na web do concello de Lugo,(http://concellodelugo.gal/gl/tramites/cita-previa).

Unha vez finalizado o prazo de presentación das solicitudes procederase á publicación das listaxes de solicitudes admitidas, admitidas con falta de documentación e desestimadas neste procedemento, xuntamente coa causa de desestimación, habiitándose un prazo para solucionar os erros, antes de realizar a adxudicación definitiva de prazas.

A formalización da matrícula terá lugar na escola onde a nena ou o neno foi admitida ou admitido, no prazo establecido na resolución definitiva (aproximadamente no mes de Xuño). – No caso de producirse renuncias de prazas, as prazas vacantes nas escolas ocuparanse coas solicitantes que figuren na lista de agarda única para as catro escolas, elaborada por idades e sempre de acordo coa puntuación obtida no procedemento.

A información do procedemento pode consultarse no BOP do 6 de marzo (https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/06-03-2024.pdf#page=27), no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, nas Escolas Infantís Municipais e nas oficinas da Concellería de Educación

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com