A concelleira González Abelleira supervisou o avance das obras en Veral xunto a representantes veciñais

A intervención, que inclúe a substitución dunha obra de paso no Rego de Pías, avanza segundo o previsto e estará rematada proximamente, mellorando a conectividade e a seguridade viaria na zona. “Seguimos mellorando as infraestruturas das parroquias, apostando por servizos de calidade que garantan a seguridade e o benestar da veciñanza, facilitando as comunicacións entre os núcleos rurais”, destacou a concelleira de Cohesión Social e Territorial.

A edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, visitou a parroquia de San Vicente do Veral para comprobar o avance das obras de substitución dunha obra de paso no Rego de Pías. Durante a supervisión, estivo acompañada por representantes veciñais, cos que compartiu os detalles da intervención, que busca mellorar a conectividade da zona e reforzar a seguridade viaria tanto para vehículos como para peóns. Esta actuación está incluída no Plan Deputación 2024, un programa de investimentos destinado á mellora das infraestruturas municipais. Atendendo ás demandas trasladadas pola veciñanza, tamén se procederá á ampliación das biondas co obxectivo de optimizar as condicións de seguridade no paso.

A concelleira subliñou que, “este tipo de melloras son esenciais para garantir unhas infraestruturas modernas e duradeiras que respondan ás necesidades do rural”.  Ademais,  Abelleira, acompañou aos veciños a visitar outras actuacións executadas en resposta ás súas solicitudes, como a instalación de puntos de luz en Soñar, a limpeza de cunetas na vía que conecta Penarrubia e Adai, así como diversas melloras complementarias na canalización de augas, colocación de sumidoiros e instalación de reixas para a correcta evacuación da auga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com