A Concellería de Educación anunciou que vén de iniciarse a entrega dos vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar.
A concelleira responsábel de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.
As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e a recollida de vales realizarase nas oficinas de Educación no Centro Uxío Novoneyra.