Membros do goberno local visitaron a rúa do Vento e a rúa Lumbrigante, onde durante os últimos días se realizaron traballos de acondicionamento. “Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza” sinalaron. Pola súa banda, o edil responsábel de Infraestruturas sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida e as veciñas e veciños agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.
O acondicionamento da rúa do Vento, no barrio de Albeiros, consistiu na limpeza das marxes e pavimentación con aglomerado en quente, investíndose un total de 8.451,10€, mentres que na rúa Lumbrigante, do barrio da Abella, levouse a cabo a limpeza de marxes, pavimentación con aglomerado en quente e a adaptación das tapas de rexistro por 13.781,90€. Ambas rúas quedan pendentes do pintado das marcas viais, que está incluído no orzamento de cada actuación.
Nov 16, 2019 - 06:38 PM
Sr Arroxo cando lle toca a Rua da Aguia e Abubela
Un saudo