O servizo de recollida de aveños que presta o Concello de Lugo, é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83. A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. Dende a Concellería de Medio Ambiente solicitan colaboración cidadá no servizo de recollida de aveños (utensilios) que presta o Concello de Lugo, que é totalmente gratuíto.
Insisten que para que o servizo de recollida se poida efectuar dunha maneira ordenada e sen dificultar a limpeza e desinfección da cidade, é importante deixar os aveños preto dos colectores pero non pegados. Lembrar que no momento de recibir a petición, dende o servizo se lle indicará ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou aveños dos que que se queira desfacer, dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.
A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.