A Concellería de Xuventude levará a cabo unha nova campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, co obxectivo concienciar á mocidade e dotar de información axeitada.
Dende a Concellería, estanse a levar a cabo campañas, que teñen como finalidade atrasar o inicio de consumo de bebidas alcohólicas nos menores e un consumo responsable nos adultos. Neste senso, durante o mes de xuño levaranse a cabo accións con diferentes puntos de encontro, nos que se informará dos perigos do alcol, haberá xogos, agasallos para a cidadanía, entre outras actividades.
Esta campaña está dirixida á mocidade lucense, adultos e familias “porque consideramos que é un tema que implica a toda a sociedade” sinalan.
Campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas:
Sábado, 3 de xuño. Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, de 17:30 a 20:30 h.
Martes, 6 de xuño. Facultade de Veterinaria, de 16:30 a 19:30 h.
Xoves, 8 de xuño. Biblioteca Intercentros, de 11:00 a 14:00 h.
Martes, 13 de xuño. Pr. Horta do Seminario, nas proximidades da Facultade de Formación de Profesorado e do IES Virxe dos Ollos Grandes, de 11:00 a 14:00 h.
Sábado, 17 de xuño. Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, de 17:30 a 20:30 h.