A Confederación Hidrográfica do Cantábrico realiza na actualidade traballos de acondicionamento dun tramo do río Aira Pontes nas inmediacións de Ouselle, (Becerreá).
Os traballos, que son levados a cabo pola empresa pública Tragsa, inclúen a retirada de pneumáticos de distinta tipoloxía depositados no propio río e as súas marxes, así como outros residuos antrópicos (latas, plásticos agrícolas e lixo en xeral). Os labores complétanse coa extracción da contorna fluvial de troncos e árbores caídos que reducen a sección de desaugadoiro, transportando os produtos resultantes a entulleira autorizada.
A actuación forma parte dos traballos de conservación, mantemento e reparación de danos no dominio público hidráulico que executará a CHC nos leitos cantábricos da provincia de Lugo durante este ano, en resposta ás solicitudes realizadas polos municipios e en desenvolvemento do compromiso asumido pola Subdelegada do Goberno e o Presidente da Confederación Hidrográfica do Cantábrico coa Federación de Asociacións de Veciños de Lugo a finais do pasado ano.
A Confederación Hidrográfica lembra que os labores de conservación e mantemento de leitos en zonas urbanas son competencia dos concellos, polo que as súas actuacións circunscríbense, necesariamente, ás zonas non urbanizadas.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.