A Confederación resolve o expediente sancionador contra a execución do aparcadoiro do Club Fluvial

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, resolveu o expediente sancionador contra a execución do aparcamento do Club Fluvial sen a correspondente autorización administrativa invadindo as zonas de Dominio Público Hidráulico ( DPH) e servidume.

A directiva do Club Fluvial solicitara en 2016 autorización para a execución dun aparcamento cunhas dimensións e características concretas, sendo autorizada polo Organismo e establecendo o prazo de execución dos traballos ata o 21 de marzo de 2018.

Esta sociedade realizou as obras coa autorización caducada e cunhas características distinas ao proxecto orixe, invadindo as zonas de DPH e servidume, o que de ningún xeito podería ser autorizable.

“É importante lembrar que a directiva do Club Fluvial non ten “patente de corso” ao incumprimento da lei” concluíu o presidente da CHMS.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com