A Consellería de Medio Rural reúnese co PP de Xermade para falar da EHE

O portavoz do PP de Xermade, Antonio Riveira, o conselleiro de Medio Rural, José González, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantiveron unha reunión sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) nas explotacións gandeiras de Xermade.

O voceiro popular remarcou o impacto da EHE nos animais gandeiros da zona, sinalando exemplos como o dunha explotación de Ladrela, na parroquia de Piñeiro, coa que tanto o portavoz coma a Consellería do Medio Rural amosaron a súa vontade de colaboración.

Riveira agradeceu a atención do conselleiro e a sensibilidade da Xunta con esta nova enfermidade que está a afectar á cabana gandeira de toda España. De feito, lembra que Galicia foi “a primeira comunidade autónoma en anunciar indemnizacións pola morte dos animais”, explica o portavoz.

Entre outras actuacións, a Xunta está a desenvolver unha traballo coordinado co sector para mitigar as consecuencias da EHE, ademais de pedir ao Ministerio de Agricultura que deseñe unha estratexia -en coordinación coas comunidades autónomas- de loita contra unha enfermidade expandida por toda a Península Ibérica, ademais de liderar os traballos de investigación para lograr unha vacina contra esta patoloxía.

Ademais, o Consello Agrario Galego aprobou o pasado 14 de novembro a creación dun equipo de traballo que implementará un sistema de alertas temperás, co obxectivo de axudar a previr as consecuencias das enfermidades animais e vexetais derivadas do cambio climático que están afectando ao sector primario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com