A contratación da obra para a pasarela peonil sobre a Nacional VI volverá saír a licitación nos próximos días logo de que fora preciso recalcular os custos dos materiais que se empregarán na construción da infraestrutura.
A demora que sufriu o procedemento, motivada polo tempo que tardou a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en emitir e comunicar o seu informe favorable ao proxecto, provocou a renuncia da primeira concesionaria que alegou que o prezo do aceiro incrementárase considerablemente nos case oito meses que transcorreron dende a adxudicación, en xaneiro de 2019, ata a autorización por parte da Xunta, en maio, e a incorporación do permiso ao expediente, a finais de xullo.
Logo de revisar as cláusulas económicas, a Xunta de Goberno de hoxe procedía a aprobar de novo a contratación da obra por un importe total de 1.113.179’81 euros, 124.814’40€ máis que o presuposto previsto inicialmente (988.365’47€), se ben, condicionado á obtención do resto de autorizacións sectoriais preceptivas dos organismos públicos implicados como pode ser o Ministerio de Fomento.
Cómpre subliñar que a pasarela se enmarca dentro da Estratexia Dusi “Da Muralla ao Miño – Muramiñae” coa cofinanciación do 80% da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER.
Dec 05, 2019 - 03:33 PM
Unha obra que non ten ningún sentido. Hay acceso por debaixo da N.VI, non entendo que se faga outro. O que hay e civilizar os que van o fútbol. Teñen que ir por onde deben e non por onde lles de a gaña
Dec 05, 2019 - 06:19 PM
Tan sencillo como lo que comentas, un despilfarro
Dec 04, 2019 - 10:15 PM
Excusas que non convencen a ninguén. Políticos!!!!