A contratación a execución e entrega da escultura en homenaxe a Javier Krahe

O Concello de Lugo vén de sacar a contratación a execución e entrega dunha escultura que representa ao músico Javier Krahe, conforme ao boceto elaborado polo artista lucense de gran recoñecemento dentro e fóra de Galicia, Juan José López Martínez, coñecido Juan Lomarti, por un importe de 33.880 euros. O prazo para presentar a oferta, pois é un procedemento negociado, é ata o 2 de xaneiro e a entrega da escultura deberá realizarse no prazo máximo dun mes dende a sinatura do contrato.

A colocación da escultura, que xa se tratara na Comisión do Consello Municipal de Cultura, a suxerencia do Club Cultural Clavicémbalo, avalada por 1.056 sinaturas; trátase dunha actuación enmarcada no Plan Único de Deputación e Concello.

Ubicarase na contorna de Ramón Montenegro, nas proximidades da rúa dos Paxariños, número 2 e a Igrexa de San Roque e as características son as seguintes: unha altura total de 200 centímetros e unha base de 84x108x40, realizada en granito galego pardo de gran dureza, con zonas de corte natural, outras abuxaradas e parte do corpo, mans e cara máis pulidas e coa inscrición Krahe en Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com