A alcaldesa de Lugo avanzou hoxe que a Xunta de Goberno aprobará mañá o inicio do procedemento para a contratación das obras de construción do ascensor de Fontiñas, un proxecto que conta cun investimento de 255.000€ contemplado no Orzamento deste ano. O Executivo aprobará en concreto os pregos que rexerán a adxudicación dos traballos e a consignación económica para acometelos.
A rexedora subliñou a satisfacción do Goberno por “comezar a materializar os orzamentos”. Coa licitación das obras de Fontiñas, “vemos realmente a importancia de ter presuposto, pois é a ferramenta que nos dá a capacidade de poder materializar as obras que proxectamos sobre o papel. Sempre dixemos que o compromiso deste Goberno coa cidade é total, e así o demostramos coa cuestión de confianza, que plantexamos porque entendiamos que a cidade non podía seguir un ano máis sen presuposto. Iso sería condenala a non evolucionar e non avanzar, a non ofrecerlle aos veciños e veciñas aqueles servizos que nos demandan, como pode ser o ascensor de Fontiñas”.
Esta infraestrutura de uso público “mellorará a accesibilidade e a comodidade dos milleiros de persoas que viven neste barrio, en definitiva a súa calidade de vida, sobre todo a das persoas maiores, que a día de hoxe se encontran con moitas dificultades pola orografía para desprazarse a outras zonas da cidade”. O ascensor de Fontiñas salvará o desnivel de 11 metros existente entre esta ronda e a rúa Ramón Montenegro. O proxecto leva aparelladas ademais distintas actuacións de humanización da zona