A Cooperativa Aira acada o premio aos valores cooperativos

O presidente de Aira, José Manuel Tellado, e o director xeral, Daniel Ferreiro, foron os encargados de recoller esta mañá o premio aos valores cooperativos que lle foi outorgado a esta  cooperativa de Taboada polo Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano da Xunta de Galicia para a promoción e a difusión do cooperativismo nesta comunidade autónoma.

Estes premios á cooperación, de periodicidade anual, teñen como finalidade fomentar o  cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento deste movemento empresarial en Galicia.http://xunta.gal

Na gala, celebrada na empresa cooperativa Maier Ferroplast, no Porriño, e presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foron outras dúas as sociedades galardoadas: Bico de Grao, premio ao mellor proxecto cooperativo novo, e Viña Costeira, premio á mellor traxectoria cooperativa.

O presidente de Aira, José Manuel Tellado, e o director xeral, Daniel Ferreiro, foron os encargados de recoller esta mañá o premio aos valores cooperativos que lle foi outorgado a esta  cooperativa de Taboada polo Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano da Xunta de Galicia para a promoción e a difusión do cooperativismo nesta comunidade autónoma.

Estes premios á cooperación, de periodicidade anual, teñen como finalidade fomentar o  cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento deste movemento empresarial en Galicia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com