A Coordinadora Eólica Así Non, conformada por máis de 200 coletivos dos ámbitos ecoloxista, sindical, veciñal, cultural e social de toda Galiza, anuncian unha nova mobilización do pobo galego contra o espolio eólico e enerxético do país, para o domingo 23 de abril.
Baixo o lema “Rodeamos a Xunta” “preténdese esixir con rotundidade ao goberno galego que evite danos irreparábeis para o país, denegando as autorizacións dos 77 proxectos eólicos que xa contan con declaración de impacto ambiental positiva e paralizando de xeito inmediato outros 150 proxectos eólicos en tramitación, en tanto non haxa unha nova planificación eólica, e non se restitúan os dereitos de participación pública e se amplíe a Rede Natura 2000”, sinalan dende a Coordinadora.