“A Copa da Raíña de Voleibol será un revulsivo económico e daralle visibilidade ao deporte e as nosas potencialidades turísticas”

A Alcaldesa de Lugo lanzou unha mensaxe de sentimento de orgullo de cidade e dos equipos locais durante a presentación hoxe da Copa da Raíña de Voleibol, a competición más antiga deste deporte en España e que recala en Lugo por primeira. “Este torneo suporá un importante revulsivo económico da cidade e dará visibilidade ao traballo do deporte local pero tamén de toda a nosa potencialidade turística xa que será un escaparate magnífico cara o mundo”, sostivo a rexedora.

A Copa da Raíña de Voleibol, que se disputará entre os días 11 y 13 de febreiro no Pavillón Municipal, terá como anfitrión ao Emevé, “un exemplo magnífico de como o amor da familia Bouza polo deporte elevou ao equipo desde a base, a canteira, ata o mellor deporte de elite de España” destacou, incidindo, ademais, “na especial sensibilidade e impulso que están a desenvolver por fomentar o deporte feminino e inclusivo, ademais de pola conciliación familiar no ámbito deportivo”.

A rexedora resaltou a importante aposta do Concello de Lugo, que patrocina esta competición desde a área de Deportes, por potenciar todas as modalidades deportivas “investindo máis de 3 millóns de euros anuais así como apoiando aos clubs e ao talento con axudas de máis de 600.000 euros, porque cremos nos firmes valores do deporte, do traballo en equipo e do esforzo, así como na creación de hábitos de vida saudable acorde co modelo de cidade verde e sostible no que estamos a traballar”.

A alcaldesa animou a toda a afección lucenses a apoiar ao Emevé neste Copa e transmitiu ás xogadoras e ao equipo técnico e directivo, así como aos patrocinadores, “o sentimento de orgullo que ten Lugo polos éxitos que estades a lograr. Sodes un exemplo para moitas mozas e mozos e xornada tras xornada facedes felices a moitas familias e a moitos cidadáns de Lugo”.

Os e as lucenses poderán ver xogar aos mellores equipos durante dos tres días que dura o torneo, Arenal Emevé Lugo, CV Gran Canaria Urbaser, CV Kiele Socuéllamos, Sanaya Libby’s La Laguna, DSV Sant Cugat e Osacc Haro Rioja.

O acto de presentación contou ca presenza de Mauricio Repetto, Concelleiro de Deportes de Lugo; José Tomé, Presidente deputación de Lugo; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, e Jose Ángel Luna, presidente da Federación Galega de Voleibol. En representación do Emevé interveu no acto cunhas palabras Bibi Bouza, presidenta do Arenal Emevé.

Unha vez concluíse o acto de presentación tamén tivo lugar o sorteo das semifinais da Copa da Raíña, exercendo de mans inocentes a alcaldesa de Lugo e demais autoridades, para repartir sorte a catro dos seis equipos participantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com