Reixtro Civil

A Corporación acorda unha declaración institucional que reivindica un novo xulgado do social

Os voceiros municipais acordaron na xuntanza celebrada esta mañá, a proposta da Alcaldesa, Lara Méndez, aprobar de maneira unánime no Pleno unha declaración institucional na que a Corporación insta ao Ministerio de Xustiza a que escoite a reclamación unánime e xusta da cidadanía e dos colectivos e axentes xudiciais, e a que revoque a denegación do tan necesario e prioritario cuarto Xulgado do Social para Lugo.

Tal e como lembrou a Alcaldesa, todos os datos obxectivos avalan a creación dunha nova sala do social en beneficio da cidadanía xa que cada un dos Xulgados actuais recibe unha media de 1.150 asuntos anuais, o que significa unha sobrecarga de traballo superior ao 145%, situación que afecta a máis de 4.000 lucenses. Así o entendeu tamén a Comisión Mixta de Xustiza de Galicia, que presentou esta petición como prioritaria ante o Ministerio de Xustiza.

Méndez recalcou que son nestes órganos onde se resolven cuestións de primeira necesidade, como pensións de fundamental subsistencia ou outras que requiren que se afronten coa maior rapidez posible, como reclamacións de salarios, indemnizacións, EREs ou vulneracións de dereitos fundamentais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com