“A Coruña e Pontevedra axudan ás protectoras e Lugo constrúe canceiras”

O anuncio da Deputación da Coruña de convocar unha liña de axudas para os refuxios de animais abandonados na provincia e que se suma ao compromiso adquirido pola súa homóloga en Pontevedra para impulsar unha convocatoria similar ao longo de 2018, pon o foco dos animalistas agora no executivo provincial lucense.

A Asociación Animalista Libera e  Fundación Franz Weber lembran que a única medida recente da Deputación que dirixe Darío Campos, neste eido, foi o anuncio da construcción dunha macrocanceira no termo municipal de Monforte de Lemos, para dar servizo a 22 concellos. Feito, este, que ambas organizacións rexeitas por “insistir nun modelo caducado”.

Así, as organizacións en defensa dos animais consideran que o goberno de Darío Campos ten marxe económico suficiente para convocar axudas diretas ás diferentes asociacións que rescatan e rehabilitan centos de animais cada ano e sinalan que, non en poucas ocasións, suplen a falta de cumprimento da normativa por parte dos municipios lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com