A Covid non alenta

Nas últimas 24 horas na área sanitaria de Lugo o andazo incrementouse en outras 41 persoas infectadas, o que suma un total de 482 casos activos por coronavirus, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939 deles 1.304 son da área da Coruña,  266 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 185 da área de Vigo, 404 da de Santiago, e 119 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 95 en unidades de hospitalización e 2.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.183 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 317.307.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com