A Cross Ponte Romana celebrará o vindeiro día 25 a súa terceira edición

A terceira edición da Cross Ponte Romana terá lugar nos arredores do Pazo de Feiras e Congresos o vindeiro día 25 de novembro. Na presentación, que tivo lugar esta mañá no Pazo, acudiu a Secretaria Xeral de Deportes, Marta Míguez , quen destacou que este cross “convértese ano a ano na proba de campo a través de referencia para o noroeste peninsular e nunha das máis importantes do calendario nacional” ao formar parte, por segundo ano consecutivo, do calendario RFEA (única de Galicia) e do calendario ANOC onde se atopan as mellores porbas do mundo.

Nas súas verbas, Marta Míguez salientou algunhas das características que fan da Cross Ponte Romana “unha das probas máis importantes da nosa terra” como “a súa localización ou a proximidade de servizos”. A secretaria xeral tamén sinalou que “Lugo achega un campo de cross inmellorable a tan só dez minutos do centro urbano cun percorrido de herba a carón do Miño” e que os atletas e o público terán “múltiples facilidades” ao dispor de “amplos parkings, cafetería, zona indoor para secretaría, quecemento e vestiarios, baños, duchas…”.

Respecto á homenaxe que se realizará ao atleta Tito Margaride, Marta Míguez destacou a súa capacidade de “resiliencia e superación”. Tras sufrir un ictus, “Tito foi quen de darlle a volta á situación e comezou a construír a súa aventura paralímpica” colleitando numerosos éxitos como “unha medalla de bronce en 1500 metros en Sidney e dous diplomas olímpicos nos 5000 metros en Arlanta e nos 800 metros tamén en Sidney”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com