A curtametraxe do lucense Brian Rodríguez, Maullidos de látex na selección oficial do Festival RIR

A curtametraxe do creador lucense Brian Rodríguez, Maullidos de látex estará na selección oficial do Festival RIR – Festival Internacional de Curtas de Comedia. A  curtametraxe foi escrita e dirixida por el mesmo e co-protagonizada por Javier Miranda e Olalla Caamaño. O Festival celebrará esta primeira edición en Allariz entre o 5 e o 9 de setembro.

A curtametraxe, que conta a historia dun home que un día se pon unha máscara de gato e non a volve a sacar, está filmada coas formas estilísticas propias dos vídeos informativos dos medios dixitais. Ao longo dos seus dez minutos desfilan unha vintena de actrices e actores lucenses ademais dalgún persoeiro da cidade. A curta foi realizada, coma é habitual nas curtas de Brian, de man da asociación lucense Juan Casaveteiro.

Este filme supón o retorno de Brian Rodríguez ao universo da curtametraxe tras De fiestuki con la peñuki, curtametraxe presentada a comezos de 2016 e que foi seleccionada para participar no festival Primavera de Cine e no Galician Freaky Film Festival, ambos de Vigo. Tamén gañou o premio Non Vale Furar no irreverente festival lucense Grotesque Film Festival.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com