A defensora dos dereitos humanos do Salvador, en Lugo

A defensora dos dereitos humanos do Salvador, María Teresa Rivera, estará en Lugo o vindeiro venres 29 de novembro, para participar nun encontro-coloquio, organizado por Amnistía Internacional, a partires das 20 horas no Centro de convivencia Uxío Novoneyra.

María Teresa Rivera, foi condenada no 2011 a 40 anos de prisión tras sufrir un aborto espontáneo e permaneceu 4 anos e medio no cárcere ata que un xuíz desestimou os cargos na súa contra; unha decisión que a fiscalía pretendía recorrer.

Ante o risco de volver a ser encarcerada, María Teresa Rivera pediu refuxio político a Suecia, onde reside actualmente, sendo así a primeira muller  no mundo á que se lle concede asilo tras abortar. A pesares de vivir no país nórdico, Rivera continúa a traballar polos dereitos das mulleres no Salvador, en particular, polos dereitos sexuais e reprodutivos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com