A Deputación abre a inscrición do proceso de selección pública de persoal para os centros de maiores

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que mañá abre o prazo de inscrición para participar no proceso de selección pública de fisioterapeutas, ATS, psicólogos e terapeutas ocupacionais para os centros de maiores de Deputación e Concellos. Todos os interesados poden facer a súa solicitude a partires deste sábado e durante 10 días naturais. Hoxe o BOP publica a convocatoria, as bases e o temario que se tratará neste concurso oposición, aberto a todos os cidadáns.

Son perfís profesionais necesarios segundo a normativa Servizos Sociais para prestar o servizo público de residencia e centro de día e que na actualidade non teñen Deputación e Concellos. Si contan con outros traballadores públicos tamén necesarios, como os de servizos comunitarios, mantemento ou xardinería, que se incorporarán aos centros de maiores.

Aquelas prestacións que obriga a ter normativa de Servizos Sociais e que non se poidan cubrir debido á Lei de Presuposto (taxa de reposición), Deputación e Concellos ofreceranas mediante contratos de servizos públicos, que non son concesións. Estes supoñen a xestión pública e directa por parte de ambas as dúas institucións e eximir aos usuarios do pago do IVA.

Deste xeito, xa están en marcha os contratos de servizos para as prestacións de formación básica e instrumental e de servizos xerais nas residencias de Trabada e Ribadeo. Son dous dos centros de maiores que poderían abrir no 2019 xunto aos de Pol, A Fonsagrada e Pedrafita do Cebreiro. Todos eles o farán mediante un modelo de xestión pública e directa dende os Concellos, que son os que teñen as competencias de servizos sociais, coa colaboración interadministrativa pública e horizontal da Deputación. Tamén se sumou a este modelo Ribas de Sil, actualmente en obras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com