A Deputación acondiciona estradas na provincia e adxudica amaño doutras

Trátase das dúas estradas máis longas do municipio da Montaña Lucense, e dúas vías fundamentais para os veciños de Cervantes, pois a LU-P-1401 conecta o Concello coa provincia de León, mentres que a LU-P-1402 une este municipio co de Navia de Suarna. Son actuacións necesarias para facer fronte ao desgaste que sufrían ambas estradas, especialmente despois dun inverno no que as fortes nevadas e intensas chuvias intensificaron o mal estado das vías. En concreto, na LU-P-1401 as obras levaranse a cabo nos 5,5 primeiros quilómetros da estrada; mentres que na LU-P-1402, os traballos irán do quilómetro 1,8 ao 6,6 continuando coas labores de mantemento que xa comezaran o ano pasado no primeiro tramo.

Con estas obras o Goberno da Deputación de Lugo dá resposta aos máis de 1.400 veciños de Cervantes que utilizan estas vías a diario e, especialmente, aos preto de 200 habitantes dos núcleos rurais de San Martiño da Ribeira, Quindous e Vilaquinte.

Cómpre subliñar ademais, que estas dúas vías teñen un maior tránsito durante a época invernal, pois son vías moi transitadas polos turistas xa que levan a Piornedo. Os traballos consistirán na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, sinalización horizontal e vertical, e repintado.

Adxudicacións doutros traballos de mellora noutras estradas

Por outra banda, o Goberno Provincial adxudicou en Xunta de Goberno traballos de mellora en 3 estradas provinciais de Lourenzá, cun orzamento de 63.500 euros da Deputación. Son concretamente o acondicionamento dun total de 2,2 quilómetros, consistentes na mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical da LU-P-2801; LU-P-2803, e LU-P-2805. As melloras, que comezarán previsiblemente nas vindeiras semanas, teñen un prazo de execución de 3 meses.

As actuación que se realizarán seán nas seguintes estrads: LU-P-2801, de Santo Tomé a San Adriano: LU-P-2803, de Santo Tomé a Lindín-LU-P-2805, de Santo Tomé a Santa María Maior.

Son actuacións coas que o Goberno da Deputación continúa a impulsar a mellora de infraestruturas públicas na provincia, concretamente das estradas provincias, e coas que busca fixar poboación e impulsar o desenvolvemento da provincia, especialmente no rural.

Durante esta anualidade, e grazas a un esforzo inversor superior aos 15 millóns de euros, poderanse acondicionar uns 1.200 quilómetros de estradas provincias, o que representa o 50% do total pois a de Lugo é a rede máis extensa do estado, xa que conta con máis de 4.200 quilómetros de vías de titularidade provincial.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com