A Deputación amplía ata o 13 de decembro as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo decidiu ampliar as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra ata o vindeiro día 13 de decembro para apoiar ao sector turístico da provincia.
Ata esta semana, máis de 20.500 persoas fixeron as rutas en catamarán dende Ponte do Sil e Belesar, 6.200 só no último mes, entre a segunda quincena de setembro e a primeira de outubro. “É unha cifra importante, tendo en conta que as embarcacións están limitadas ao 50% da súa capacidade como medida de seguridade para minimizar o risco de contaxio por Covid- 19. Seguiremos con esta capacidade, tendo en conta sempre as indicacións das autoridades sanitarias”, sinalou o Presidente da institución, José Tomé. D

Horarios

Tanto a Ruta do Canon do Sil, como a de Cabo do Mundo funcionarán no mes de novembro con viaxes os sábados e domingos, cunha saída pola mañá e outra pola tarde, excepto o día 1 de novembro, festivo, que se farán 4 saídas. No mes de decembro, haberá unha saída pola
mañá e outra pola tarde os días 5, 6, 7, 8, 12 e 13.
Embarcadoiro Ponte do Sil
Novembro. Unha embarcación (26 ou 53 prazas, en función das reservas) ; Sábados e domingos: 11:30h, 16:00h.
1 de novembro; Dúas embarcacións; 11:00h, 11:30h, 16:00h e 16:30h.
Decembro. Unha embarcación; Días 5, 6, 7, 8, 12 e 13 de decembro; 11:30h e 16:00h.

Embarcadoiro Belesar
Novembro. Unha embarcación (31 prazas); Sábados e domingos: 11:30h e 16:00h.
1 de novembro; Unha embarcación -> 11:30h e 16:30h.
Decembro. Unha embarcación; Días 5, 6, 7, 8, 12 e 13 de decembro; 11:30h e 16:00h.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com