A Deputación apoia o novo filme de Andrés Goteira tras o éxito de Dhogs

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o representante da produtora meirense Gaitafilmes, Andrés González Tella, veñen de asinar este un convenio polo cal a institución provincial axudará a financiar a longametraxe documental Welcome to ma maison, de Andrés Goteira. A Deputación achegará 30.000 euros, repartidos en dúas anualidades, para o filme, que narra as desventuras dun actor obsesionado coa filmografía do director dinamarqués Nicolas Winding Refn e que decide afastarse do mundo da interpretación por un tempo.

Tras o éxito do seu debut con Dhogs, Gaitafilmes está a producir o segundo traballo de Andrés Goteira, un director e guionista nado en Meira. Dhogs foi o primeiro filme rodado en galego estreado no festival de Sitges do 2017. Ese mesmo ano, Dhogs gañou 13 das 17 candidaturas ás que optaba nos Premios Mestre Mateo.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com