A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, asinaron un convenio de colaboración dirixido a sufragar gastos derivados da organización da Feira do Gando da localidade, a achega da Deputación ascende, ao igual que en anualidades pasadas, a contía de 3.000 euros.
Elena Candia, quixo poñer en valor este tipo de feiras, que contribúen a dinamización tanto dun sector de especial importancia para a provincia, así como para o Concello de Pedrafita do Cebreiro, na que dous terzos da súa poboación teñen fixada a súa ocupación fundamentalmente na agricultura e na gandería.
Candia asegurou que a institución provincial considera de especial necesidade colaborar con iniciativas que permitan unha mellora na calidade de vida no rural e na dinamización económica dos municipios.