A Deputación aproba a mellora de estradas e a instalación de marquesiñas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu conta este venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno onde saíron adiante actuacións que suman un investimento de case 800.000€ para avanzar na mellora da rede de estradas provinciais. Tomé Roca explicou que “seguimos adoptando acordos importantes para favorecer o equilibrio territorial e a mellora de calidade dos veciños e veciñas”.

Outro dos acordos en materia de estradas que contou co visto bo da Xunta de Goberno foi a adxudicación do programa de dotación de 97 marquesiñas na rede viaria provincial para este ano 2020. Destínanse 325.400€ na instalación destas estruturas en estradas provinciais dos 67 concellos da provincia. Co fin de garantir unha adecuada integración no entorno, e tendo en conta as características das marquesiñas instaladas en anos anteriores, serán de madeira maciza tratada en autoclave. Contarán cun banco e serán pechadas polos laterais con cristal para que permitan a visión e, á vez, protexan ante as incidencias meteorolóxicas.

“Cada concello terá un mínimo dunha marquesiña e as restantes repártense en función de criterios obxectivos, como o número de quilómetros de vías provinciais que pasan por cada municipio”.

Asemade, quedou aprobada a autorización de usos dos 150 hortos urbanos do parque do Rato, o que significa que vai comezar a súa adxudicación nos vindeiros días. Nesta primeira fase poderán optar aquelas persoas ou entidades que xa foran usuarias dalgún horto urbano con anterioridade e poderán desfrutalas por un prazo de dous anos. O prazo para que estas persoas fagan a súa solicitude comezará a contar a partir de que as bases se publiquen no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a semana que vén. Haberá 10 días para que presenten a documentación correspondente. A asignación dos hortos celebrarse o día 14 de decembro mediante un sorteo no Pazo de San Marcos. Os hortos que queden libres nesta primeira fase de adxudicación poñeranse a disposición de todas aquelas persoas que nunca tiveran un horto e que queiran optar a un.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com