A Deputación aproba investimentos de 1,5 millóns de euros dos Orzamentos Participativos

A Xunta de Goberno deste luns aprobou novas actuacións na provincia por valor de preto de un millón e medio de euros, en resposta ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos.

A Xunta de Goberno aprobou un plan de emprego sobre agricultura ecolóxica no Valadouro, a dotación de instalacións públicas para dependentes en Monterroso ou melloras en estradas de Vilalba e O Corgo.

Os cidadáns pediron a posta en valor dos recursos naturais do patrimonio e do Camiño, con iniciativas como o arranxo das Pallozas, novas excavacións no Museo de Arxeriz ou a reedición de Termalismo no Camiño, todas elas aprobadas na sesión de hoxe.

A Deputación investirá asemade 70.000 euros no arranxo da traída de auga de Torallo e 21.000 euros na ampliación das instalacións da Protectora de Animais e Plantas de Lugo.

Manuel Martínez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com