A Deputación aproba un convenio para divulgar a vida e a obra de Díaz Castro

A Deputación de Lugo aprobou a sinatura dun convenio co Concello de Guitiriz para creación  e posta en funcionamento do Centro de Interpretación do Vilariño, encadrado na “Ruta da Pedra de Xosé María Díaz Castro”.
A finalidade deste Centro de Interpretación será a promoción e realización de toda clase de accións que permitan “divulgar a vida e a obra do poeta Díaz Castro, a cultura e a arte tradicional, a historia económica e social, a etnografía, a organización social e a artesanía da área xeográfica da Terra Chá”,
Este convenio concretase coa cesión do uso do inmoble por parte dos herdeiros de Díaz Castro á Deputación e ao Concello, unha cesión que será gratuíta por un período de 15 anos. O Concello de Guitiriz fica comprometido a acometer todas as obras de acondicionamento do espazo para a adaptación do mesmo aos fins perseguidos, responsabilizándose tamén da apertura  peche do Centro de Interpretación do Vilariño durante a semana, sendo os propietarios os encargados desta tarefa durante as fins de semana.  As obras de acondicionamento deberán estar rematadas con data límite do 30 de setembro do 2016. A Deputación de Lugo achega para esta actividade un total de 44.483,52€.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com