A Deputación arranxa a estrada que une Baralla, Becerreá e Navia de Suarna

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, supervisou as melloras feitas pola Deputación na estrada LU-P-0508, que é a vía que une os municipios de Baralla, con Navia de Suarna por Becerreá.

O Goberno Provincial destinou a estres traballos máis de 135.000 euros que permitiron a mellora de 2,5 quilómetros, comprendidos entre os puntos 4,5 e 7. As obras, que consistiron na rehabilitación do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade a través da instalación de sinalización horizontal e vertical; executáronse, na súa maioría, no municipio barallense, así como un pequeno treito no Concello de Becerreá.

Santos Ramos destacou que “son obras moi necesarias por tratarse dun dos eixos de comunicación fundamentais na Montaña lucense, pois a estrada é empregada diariamente por centos de veciños que se desprazan entre ditos 3 municipios lucenses. Estas obras, moi reclamadas polos veciños da zona, enmárcanse dentro da liña de traballo que puxemos para  mellorar as estradas provinciais lucenses, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e sumamente rural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com