A Deputación arranxa outros 27 km de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou esta mañá a contratación con preto de 1 millón de euros dos traballos de reposición do firme de estradas provinciais nos Concellos da Fonsagrada, Guitiriz, Navia de Suarna e Sarria, que permitirán acondicionar, no seu conxunto, máis de 27 quilómetros en 7 estradas destes municipios (LU-P-1905, LU-P-1909, LU-P-2301, LU-P-3501, LU-P-3512, LU-P-5602). Así o anunciou o Vicepresidente do executivo, Argelio Fernández Queipo quen asegurou que os traballos previstos engádense aos aprobados no Concello da Pontenova por valor de 231.867 euros para o acondicionamento de 2,8 quilómetros da LU-P-1904, 3,6 quilómetros da LU-P-4805 e 1 quilómetro da LU-P-4808.

Son as primeiras estradas que se acondicionarán en base ao Plan de Estradas de 15 millóns de euros que puxo en marcha o Executivo e que permitirá actuar en todos e cada un dos 67 municipios da provincia de Lugo,  condicionando uns 1.200 quilómetros, ou o que é o mesmo, máis da cuarta parte dos quilómetros da rede viaria provincial.

Fernández Queipo tamén informou da contratación do patrocinio publicitario co Club Baloncesto Breogán por valor de 370.000 euros, que terá vixencia ata o 31 de decembro. O Vicepresidente engadiu que “a través do contrato de patrocinio a entidade celeste comprométense a participar activamente en actuacións sociais como visitas a hospitais, campañas contra a violencia de xénero ou loita contra o cancro, partidos benéficos ou encontros mixtos para promover a igualdade a través do deporte. Así mesmo, este contrato que hoxe aprobamos tamén ten contraprestacións para a provincia en materia de turismo, pois promoverase a marca Lugo ao longo do territorio nacional e daranse a coñecer os recursos turísticos, culturais, naturais, patrimoniais, e produtos autóctonos de todas as comarcas lucenses”.

Por último, a Xunta de Goberno Provincial, aprobou o investimento de 34.000 na promoción turística da provincia e, en particular, dos catro xeodestinos: Lugo-Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, e Ancares- Courel.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com