O Presidente da Deputación, José Tomé asinou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 380.000 euros e a USC 50.000 para seguir potenciando o Campus de Lugo.
No acto tamén participaron o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González, e a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Monserrat Valcárcel Armesto.
O Presidente enmarcou este acordo no firme compromiso da Deputación coa educación pública e de calidade, “a mellor inversión de futuro”.
As actuacións que inclúe o novo convenio de colaboración da Deputación coa USC teñen como obxectivo potenciar o Campus de Lugo como un referente científico e social nos ámbitos máis representativos da provincia. “
Pola súa banda, o reitor da USC manifestou de xeito público a gratitude da USC pola sensibilidade mostrada pola Deputación de Lugo co seu campus universitario a través da renovación dun acordo do que salientou a súa rendibilidade social. López remarcou neste senso que “a educación e o I+D deben entenderse como inversión e non como gasto para, de seguido, subliñar o importante retorno social e económico que reporta á sociedade luguesa o seu campus universitario”.
A incidencia do Campus de Lugo no sector primario, que é capital na provincia de Lugo, está visible tanto no perfil das súas titulacións de grao e posgrao como no proxecto de especialización do Campus Terra, dixo o reitor, para logo engadir que a granxa experimental de vacún de leite entrará en funcionamento en breve na finca da Gayoso Castro da Deputación de Lugo, reforzará aínda máis as ligazóns a transferencia de coñecemento desde a sede universitaria luguesa a gandeiros, agricultores, propietarios de montes e a todo o tecido empresarial.
Xul 03, 2020 - 06:01 PM
Todo nada, a xente pasando mal. É esto é unha prioridad!!!!!!!! Tarari que te vin