A Deputación asina o contrato para a construción da residencia de Portomarín por 1,4M€

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, cumprindo co que xa avanzou a semana pasada, firmou este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o contrato coa empresa que resultou adxudicataria das obras de construción do Centro de Atención a Maiores de Portomarín, Coto Estudios y Construcciones. O orzamento ascende a 1.430.000€ para construír 13 apartamentos tutelados e un centro de día.

“Asinamos este contrato dentro dos compromisos que temos adquirido cos lucenses para seguir acercando os servizos públicos ó rural, e dentro dun dos piares do Goberno da Deputación, como son os servizos sociais”, subliñou o Presidente, quen asegurou que a institución impulsa deste xeito unha dotación social que ofrecerá unha atención de calidade e favorecerá o arraigo dos residentes, pois poderán permanecer no lugar no que fixeron a súa vida, convivindo cos seus veciños e veciñas.

A parcela onde se van levantar estas instalacións conta con 800 m 2 e foi cedida polo Concello de Portomarín. Está situada fronte á rúa Lugo, preto da Casa do Concello e nela construirase un edificio de 2.200 m 2 , que se dividirá en catro plantas. Haberá un soto para garaxe, unha planta baixa para o centro de día con capacidade para 28 persoas, un apartamento, comedor social e servizos comúns (Iavandería, zona de vixilancia, control e administración, entre outros); na primeira planta construiranse 8 apartamentos e na segunda, 4. Cada un deles contará cunha superficie de entre 55 e 62 m 2 . Dispoñen de zona de cociña, comedor e sala de estar, habitación dobre e baño adaptado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com