A Deputación axudará a Concellos da provincia a acoller refuxiados do Aquarius

O Executivo da Deputación de Lugo apoia a decisión do Goberno de España de acoller aos refuxiados do Aquarius e ofrece a súa colaboración para que os Concellos da provincia participen na acollida ás máis de 600 persoas que viaxan a bordo do buque.

O Goberno provincial comunicoulle á Federación Española de Municipios e Provincias a disposición da Deputación de Lugo a colaborar cos Concellos da nosa provincia para favorecer a acollida aos refuxiados. Dado que a Deputación non conta con medios habitacionais para atender esta situación de emerxencia humanitaria, o Executivo provincial ofrece axuda aos Concellos da provincia cos medios técnicos ou loxísticos que precisen para dar cobertura ás necesidades que teñan en cuestións como transporte a lugares de acollida, material, etc.

A Deputación informou á Federación Española de Municipios e Provincias da súa disposición a colaborar na acollida dos refuxiados do Aquarius xa que a FEMP está actuando como entidade coordinadora da acollida das máis de 600 persoas que viaxan no Aquarius, a petición da Vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo. Para levar a cabo ese labor, a FEMP puxo a disposición dos Concellos interesados a Oficina de Coordinación Municipal de Axuda ao Refuxiado, co obxectivo de dar unha resposta coordinada, rápida e eficaz na reubicación das persoas que viaxan a bordo do Aquarius.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com