A Deputación celebra o Día da Muller nos centros de atención a maiores

A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.

Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.

CAM de Trabada

O 8 de marzo: Obradoiro de elaboración de agasallos para as mulleres do CAM de Trabada, o 11 : Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Trabada e o 13 de marzo: Obradoiro de realización de carteis do programa Alternativa Saudable.

 CAM de Ribadeo

-Do 9 ao 13 de marzo: Lecturas de escritoras dentro do ciclo Homenaxe e introdución da biografía da autora.  O 9 de marzo: Safo e o Son, de Juana Inés de la Cruz, o10 : Rosalía de Castro e Primi Nécega, 11: Gabriela Mistral e Alfonsina Storni, o12 : Ana MªMatute e o13 de marzo: Gloria Fuertes.

CAM de Pol

O 11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A historia das nosas mulleres do CAM de Pol.

Por outra banda, a Deputación de Lugo colabora coa organización da marcha reivindicativa pola igualdade que se celebrará mañá en Lugo. A institución sufraga o palco que se instalará na Horta do Seminario para facer de tribuna das oradoras. Ademais, a fachada do Pazo de San Marcos loce pancartas de cor violeta en reivinndicación da igualdade entre homes e mullleres co lema “Querémonos vivas, libres e iguais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com