A Deputación colabora co colexio Torre de Lemos na mellora do seu patio interior

O Presidente da Deputación, José Tomé, mantivo un encontro este xoves no Pazo de San Marcos coa representante da Fundación Educativa Torre de Lemos de Monforte, María Esther Rodríguez, durante o que asinaron un convenio de colaboración da institución provincial con esta entidade.

A través deste acordo, a Deputación achega máis de 22.500 euros co fin de financiar a obra de reforma do patio interior do colexio, que consistirá na substitución do pavimento actual por outro máis adecuado e adaptado ás necesidades e usos do centro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com