A Deputación colabora con 3.000€ na Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da Club Ciclista Terra Chá, Miguel Ángel Esmorís, asinaron este xoves un convenio de colaboración para sufragar os gastos da realización da V Ruta BTT Terra Chá Queixo San Simón da Costa.

A institución provincial achega 3.000 euros para esta carreira que contribúe a dinamizar a comarca da Terra Chá. “Estamos ante unha ruta cicloturista xa consolidada, unha aposta por promover a economía local e potenciar o valor turístico dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, e tamén unha forma diferente de atraer visitantes dun xeito máis activo, coñecendo o patrimonio natural e cultural da zona”, explicou o Presidente.

O Club Ciclista Terra Chá xa traballa na organización dunha nova edición desta ruta, que se celebra coincidindo coa Festa do Queixo de San Simón da Costa a finais do mes de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com