A Deputación colaborará co Concello de Monforte en diversas infraestruturas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, mantiveron este xoves un encontro no Consistorio monfortino, na que foi a primeira visita institucional de Darío Campos como Presidente da institución a un Concello da provincia. Campos Conde declarou que era a primeira visita institucional que facía, porque fora o seu alcalde o primeiro que o invitara a visitar un Concello.

Na reunión, Campos e Tomé abordaron as necesidades de Monforte de Lemos e acordaron colaboracións para darlles respostas. O Acalde explicou que estas necesidades e colaboracións son: a mellora do saneamento, para rematar cos vertidos ao río Cabe. O orzamento desta obra estará entre os 11 e os 12 millóns de euros, segundo lle comunicou ao Concello Augas de Galicia. Para elo será necesario un convenio entre a Confederación Hidrográfica, a Xunta, a Deputación e o propio Concello de Monforte. Coa resposta afirmativa hoxe da Deputación, que lle comunicou o Presidente, só queda a Xunta de Galicia por sumarse a este acordo.

Asemade Campos informou ao Alcalde que o ente provincial colaborará na realización do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento básico para que Monforte poda ordenar o seu territorio. Así mesmo, o Presidente comunicoulle ao alcalde que a institución que preside colaborará nas melloras urbanísticas do Concello, así como na construción dunha praia fluvial, unha demanda histórica do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com