A Deputación continúa a arranxar estradas provinciais

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este mediodía que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno a contratación de obras por valor de 553.000 euros para a reposición do firme duns 16 quilómetros de 7 estradas provinciais dos municipios de Baralla, Monforte de Lemos, Becerreá e Meira.

En Baralla, o executivo provincial arranxará 2,7 quilómetros do firme da estrada LU-P-0506, de Longoira por Sixirei á estrada de Becerrá a Sarria e para a que dedican 98.000 euros.

Tres estradas serán obxeto destas obras en Monforte de Lemos, sumando un total de preto de 3,2 quilómetros de firme por arranxar cun investimento de 180.000 euros na estrada que une Monforte con Sober (LU-P-3201), a LU-P-3203, entre Monforte e Rozabales e a que vai de Monforte a Reboredo, a LU-P-3205.

En canto ao Concello de Becerreá, o executivo provincial contrata as obras de mellora para 6,9 quilómentros da LU-P-0705, que une a LU-722 -por Vilamane e Seivane- a Tucense, cun valor de 185.000 euros.

Por último, o goberno provincial dedicará 90.100 euros á mellora de 705 metros da LU-P-3003 de Meira á CN-640, por Leiras; e de 2,2 km da LU-P-3005 de Couso a Vilar de Carota.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com